OurenseXa
O Carballiño incorpora oito efectivos para reforzar a prevención e a loita contra os incendios
Dúas brigadas municipais traballarán durante tres meses en labores de limpeza e desbroce de camiños e pistas forestais e tamén na extinción de lumes
A Deputación salienta o papael das Xornadas de Folclore para converter á provincia nun espazo de intercambio cultural
Preto de 170 artistas de Armenia, Ecuador, México, Serbia, Taiwán e Senegal participan nunha edición que levará a música e as danzas tradicionais a 16 vilas da provincia
O Campus de Fútbol Mixto de Allariz pon o punto final ás súas xornadas no campo do Seixo
A actividade rematou coa entrega de diplomas aos nenos e nenas participantes
Quins celebra esta fin de semana as súas festas en honra a Santa María e San Roque
O Concello de Melón organiza tres xornadas de celebración na parroquia de Quins, con teatro, pasarrúas, misas solemnes e verbenas a cargo de Dr. Slump, DJ Rafa Radio e a orquestra Panamá
O Fest Clásico Ribeira Sacra celebra a súa oitava edición do 23 ao 30 de agosto con cinco artistas internacionais
O festival incorpora este ano o piano en dous dos seus concertos, que se trasladan a auditorios por necesidades loxísticas, e mantén os seus tradicionais ensaios abertos ao público en Os Peares
Galicia contará con 536 centros plurilingües no curso 2026/27
Seis centros incorporaranse por primeira vez ao programa e outros dous estenderán a súa participación a novas etapas, mentres que 40 centros ofrecerán 197 ciclos e másteres de FP con parte do currículo nunha lingua estranxeira
O polideportivo de Barbadás será ampliado cun investimento de máis de 1,2 millóns de euros
As obras, que suman máis de 1,2 millóns de euros, permitirán construír unha nova planta con ximnasio, sala polivalente e vestiarios, ademais de mellorar a accesibilidade e a eficiencia enerxética do edificio
COGAMI programa novos cursos gratuítos para persoas desempregadas en Lugo, Santiago e Ourense
As formacións, vinculadas principalmente á administración e aos servizos auxiliares de xardinería, inclúen períodos de prácticas en empresas e permitirán obter certificados profesionais
O PXOM de Ourense entra nunha nova fase tras remitirse á Xunta as correccións reclamadas
O Concello enviou a documentación o 12 de agosto despois de completar as modificacións sinaladas no informe previo da Dirección Xeral de Urbanismo e validar o documento definitivo
O ciclo 'Feito no Carballiño' trae unha tripla cita musical esta fin de semana
A Praza da Veracruz acollerá o venres as actuacións de The Crowd e Susi Q's, mentres que o sábado será a quenda de Skadelos, dentro da programación musical do Concello
O Carballiño despede agosto entre ritmos tradicionais do mundo e sons de selo local
O Concello entra no último tramo da súa programación estival coas agardadas Xornadas de Folclore, os directos do ciclo 'Feito no Carballiño' e unha ampla variedade de mostras artísticas
A Xunta saca a información pública o novo acceso ao CHUO desde a N-525 e o Concello anuncia alegacións
O Goberno municipal considera que a proposta, que contempla un trazado de 640 metros e uninvestimento superior aos 4,3 millóns de euros, non responde ás necesidades da cidade
As Xornadas de Folclore chegan hoxe a Celanova e O Barco de Valdeorras
O claustro do mosteiro de Celanova acollerá ás 20.30 horas as actuacións de Armenia, México e Senegal, mentres que o Parque do Malecón do Barco recibirá ás 22.30 horas os grupos de Ecuador, Serbia e Taiwán
A exposición de rúa “Comedy Wildlife” chegará a Ribadavia do 19 de agosto ao 13 de setembro
A vila acollerá unha selección de 16 fotografías de natureza premiadas polo seu enfoque humorístico
O CIM móbil fará parada en Paderne de Allariz este mércores
A través deste servizo, as persoas usuarias poderán acceder a información, orientación e apoio de maneira personalizada e confidencial
A feira do Pinto reuniu a centos de persoas en Esgos
A xornada mantivo a tradicional degustación de callos, postos de venda, pulpería, churrasco e a actuación da banda de gaitas do Concello
Nogueira de Ramuín acolle unha tarde de danza e tradición arredor da eclipse nas Mámoas de Moura
A Asociación de Mulleres Rurais Ecos de Moura organiza este mércores unha actividade que incluirá dous espectáculos de danza contemporánea, un relato e o reparto de gafas homologadas para observar o fenómeno
Amoeiro celebra o “Día Máxico de Galicia” cunha noite dedicada ao eclipse e ás Perseidas
A xornada combinará música, actividades para toda a familia, cine ao aire libre, gastronomía e unha queimada no Campo do Souto
A Biblioteca Provincial ultima a catalogación dos preto de 3.000 exemplares do arquivo persoal de Xesús Alonso Montero
Os traballos permitirán poñer a disposición de profesionais, investigadores e público en xeral o arquivo documental e a biblioteca do filólogo e catedrático
O Campamento Urbano de Amencer supera os 1.000 participantes na súa 39ª edición
A rapazada participou este martes no xa tradicional Día da Boa Xente
O Centro Comercial Aberto de Ourense recibe preto de 44.000 euros para dinamizar o comercio
A axuda busca impulsar o consumo, atraer clientela e reforzar a actividade dos pequenos negocios
O PPdeG pide eliminar a cita previa obrigatoria na Seguridade Social e reforzar a atención presencial no rural
Os populares denuncian en lugares como Celanova o Goberno central non aplicou aínda o mandato do Congreso e propoñen un prazo máximo de dez días hábiles para obter cita nos trámites esenciais
A Área Sanitaria de Ourense reforza o dispositivo sanitario ante a eclipse solar
O operativo terá especial incidencia en Valdeorras e no nordeste da provincia, con reforzo do PAC do Barco e plena dispoñibilidade dos servizos de Urxencias hospitalarias




