OurenseXa
LugoXa | ACoruñaXa | OurenseXa
Baldo Ramos e Sara Plaza gañan o Premio de Poesía Concello de Carral
O certame recoñece por primeira vez unha autoría dobre coa obra 'Porcelana e chumbo', elixida por unanimidade entre 77 propostas
A Deputación de Ourense incrementa ata os 1,55 millóns de euros a dotación económica para o Servizo de Axuda no Fogar
Con este reforzo, a institución busca mellorar a execución do orzamento, co obxectivo de superar o 95% en 2026 fronte ao 89% acadado en 2025.
O Concello de Ourense valida o pagamento de débedas a concesionarias de auga e limpeza
No caso do servizo de auga convalídase un importe de 16.170.069 euros correspondente á débeda acumulada pola prestación do servizo, mentres que no caso do servizo de limpeza a cifra é de 8.547.462 euros
O PSdeG acusa á Deputación de beneficiar aos concellos gobernados polo PP no reparto de fondos
Critican que a modificación de crédito que será levada ao próximo pleno contempla a un investimento provincial por habitante nos concellos gobernados polo PP de 103,61 euros, fronte aos 35,53 euros por veciño nos concellos gobernados polo PSdeG-PSOE
AFAOR impulsa en Allariz un obradoiro de estimulación cognitiva para maiores de 50 anos
A iniciativa está orientada a mellorar de forma práctica a axilidade mental e a memoria das persoas participantes
CGT, CIG e Comisións Obreiras convocan tres manifestacións polo 1 de maio en Ourense
As marchas provocarán cortes de tráfico durante a mañá do venres
Excelentes resultados do judo ourensán no torneo autonómico “Xoga Judo 2026”
En total, os representantes ourensáns acadaron 9 medallas de ouro, 10 de prata e 8 de bronce
O PSdeG-PSOE de Barbadás propón aproveitar o Ano Oteriano para reforzar a cultura e a lingua galega no municipio
A proposta toma como referencia o 50 aniversario do pasamento de Ramón Otero Pedrayo e pretende converter esta conmemoración nun punto de partida para dinamizar a política cultural local
A subdeleción do Goberno en Ourense alerta do aumento de fraudes telemáticos dirixidos a persoas maiores
As estafas informáticas aumentaron un 12,5 % na cidade de Ourense o ano pasado, en comparación do 2024
A Asociación Cultural Rebulir impulsa unha nova edición do programa “Cantamos ó Maio”
A iniciativa busca reforzar a recuperación e posta en valor das tradicións vinculadas a esta festa popular na comarca da Baixa Limia–Celanova
Toén celebra o éxito d súa primeira festa do maior, que reuniu a máis de 300 persoas
O acto contou coa presenza do presidente provincial, Luis Menor, que puxo en valor este tipo de iniciativas para recoñecer o papel dos maiores na sociedade
O Club Ximnasia Burgas logra 13 títulos autonómicos no Campionato Galego de Ximnasia Acrobática
En total, o club ourensán pechou a competición con sete ouros, catro pratas e dous bronces
A unidade móbil da Axencia de Doazón de Sangue (ADOS) visitará Barbadás este martes
Estará situada na Avenida de Celanova en horario tanto de mañá como de tarde
Preto de 1.700 escolares asisten esta semana á representación ‘Vuelapluma’ no Auditorio Municipal
Trátase dun espectáculo de monicreques sobre respecto e natureza dirixido ao alumnado de Educación Infantil de centros de toda a provincia
Taboadela comeza a recuperación do Pombar da Reitoral
A actuación ten como obxectivo a conservación e posta en valor desta construción tradicional
Concepción Díaz Prol: “Estamos dando un salto de calidade en canto aos resultados deportivos”
A coordinadora do Club Piragüismo Ourense fala sobre como foi evolucionando o equipo desde que foi refundado no ano 2000 ata hoxe
O CIM do Pereiro organiza sesións de autodefensa feminina para mellorar a seguridade e a confianza das mulleres
O obradoiro desenvolverase no centro de actividades dos Gozos en dúas xornadas, o venres 8 de maio e o venres 22 de maio
A Feira de Artesanía de Ourense celebra a súa vixésimo novena edición no Parque de San Lázaro
Até o 3 de maio, o público poderá visitar os distintos postos instalados no recinto, coñecer de preto o traballo das persoas artesás e participar en obradoiros e actividades pensadas para todos os públicos
O proxecto cultural ‘Tecedora SóLODOS’ bota a andar polas provincias de Ourense e Lugo
Diferentes espazos de Baños de Molgas, Melón, Nogueira Ramuín e Xunqueira de Espadanedo, na provincia de Ourense, e Portomarín, na de Lugo, acollerán actividades culturais até o mes de setembro
Pereiro de Aguiar celebrou a semana do libro con actividades de narración e teatro infantil
Con motivo do día do libro, o Concello organizou dúas actividades centradas na promoción da lectura e da narración oral entre os máis pequenos
O Concello de Taboadela organiza unha excursión a Lalín o 9 de maio
As persoas interesadas poden inscribirse ata o 27 de abril
O proxecto Re-Habilita Rural Lab logra resolver máis de 50 consultas sobre xeolocalización e mapeo de vivendas na primeira semana
Entre as principais conclusións, destaca que o 74% das vivendas analizadas precisan reformas importantes ou se atopan en estado de ruína, o que evidencia a necesidade de actuacións neste ámbito
O obradoiro dual de emprego de Coles, Amoeiro e A Peroxa botará a andar proximamente
O programa formativo incluirá dúas especialidades: actividades auxiliares de albanelería e atención sociosanitaria en institucións




