Novas de Amoeiro
"A Postalería da Vía da Prata" chega a Amoeiro con dobre parada para enviar postais gratuítas do patrimonio xacobeo
A instalación situarase este venres en dous puntos do municipio para que peregrinos e veciños poidan escribir e enviar sen custo postais con imaxes do trazado xacobeo a calquera destino do mundo
O obradoiro dual de emprego Santa Águeda IX capacita a vinte persoas desempregadas en tarefas de albanelería e atención sociosanitaria na Peroxa, Amoeiro e Coles
A iniciativa, dotada con máis de 461.000 euros, combina durante nove meses formación práctica e emprego, con actuacións de mellora en infraestruturas públicas dos tres concellos ourensáns
Amoeiro prende a mecha das súas festas de Trasalba de San Roque con catro xornadas de música e diversión familiar
A parroquia vive dende este xoves as súas 'Grandes Festas na Honra a San Roque 2026' baixo o lema 'Ata que saia o sol', coas orquestras Capitol e Fania Blanco Show como principais reclamos da fin de semana
O Concello de Amoeiro abre a inscrición para a nova tempada de karate 2026-27
As clases, dirixidas a público infantil, adolescente e adulto, comezarán en setembro e impartiranse os martes e xoves na Casa da Cultura de Amoeiro
Amoeiro celebra o “Día Máxico de Galicia” cunha noite dedicada ao eclipse e ás Perseidas
A xornada combinará música, actividades para toda a familia, cine ao aire libre, gastronomía e unha queimada no Campo do Souto
Amoeiro mantén aberta a matrícula para o curso 2026/2027 na Casa Niño "Os Poliños"
A convocatoria está dirixida a nenos e nenas nados a partir do ano 2024
O teatro chega ao Verán Cultural de Amoeiro coa representación de "Scandalo's Club"
Será este venres ás 21:00 no Campo da Festa, con acceso gratuíto
O cine de verán regresa a Amoeiro este venres coa proxección de 'Jurassic World: O Renacemento'
Será no Campo do Souto con entrada gratuíta para o público
Os Ateneos de Galicia homenaxearán a Ramón Otero Pedrayo en Trasalba polo 50 aniversario do seu pasamento
Será este sábado e incluirá unha programación cultural e simbólica en lembranza da figura do escritor e intelectual galego
A vila de Trasalba celebrará a noite de San Xoán con cea popular e música en directo
A xornada terá lugar este sábado 20 de xuño con menú tradicional, animación musical e entradas xa dispoñibles para a súa reserva
A Escola de Música de Amoeiro celebrará o seu festival de fin o vindeiro xoves
O alumnado mostrará o traballo desenvolvido ao longo do curso nun evento aberto ao público
Os nenos e nenas de Amoeiro aprenden sobre educación viaria
O alumnado do municipio participou nunha xornada de conciecienciación sobre a importancia da seguridade viaria e o respecto ás normas de circulación
A IV Feira de Antigüidades e Artesanía de Amoeiro abre esta tarde as súas portas
A programación continuará o domingo, cando terá lugar a tradicional poxa
O BNG reivindica en Amoeiro a figura de Otero Pedrayo como referente do nacionalismo galego
A formación nacionalista celebra un acto de homenaxe ao escritor ourensán no que estivo presentes a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, o candidato á alcaldía de Amoeiro, Agustín Gómez Bóveda, e o responsábel local da organización, Marcos Blanco
A III Festa do Porco ao Espeto reuniu a máis de 200 persoas en Amoeiro nunha xornada de confraternidade
A celebración consolídase como unha cita de referencia no municipio tras a súa terceira edición
Amoeiro celebrou o Día das Letras Galegas con música e baile no Campo do Souto
O evento reuniu alumnado e profesorado das actividades municipais, a Banda de Gaitas e a Escola de Música e Baile Tradicionais Devalar
Amoeiro suma unha veciña centenaria
Dona Concepción Durán, veciña de Burguete, na parroquia de Parada de Amoeiro, cumpriu cen anos o pasado 23 de abril
Eventos
O equipo de traballo do Centro Especial de Emprego Aspamadis acondiciona o Campo do Souto de Amoeiro
Ambos organismos veñen colaborando máis dunha década dando visibilidade ás capacidades laborais e á solvencia técnica dos profesionais do centro, ao tempo que contribúen á mellora dos espazos públicos
Amoeiro celebrará o 16 de maio a terceira edición da Festa do Porco ao Espeto
Para asistir será necesario mercar os billetes para o xantar antes do 12 de maio
Todo listo para a VI Festa da Xuventude de Amoeiro
O grupo La Bamba e Marcos Kintana serán os encargados de poñer a música nesta edición
Amoeiro acolle este mércores unha charla sobre prevención de accidentes
A actividade está dirixida tanto a peóns como a condutores
Adxudicadas as obras de acondicionamento do viaduto da autovía AG-53 sobre o río Barbantiño
Os traballos contan cun investimento superior aos 2,6 millóns de euros e afectarán principalmente ao municipio de Punxín, aínda que tamén se estenderán parcialmente ao termo de Amoeiro
O Torneo Xou Semana Santa de Fútbol Sala Base de Amoeiro contará cunha mesa solidaria
Desde a organización fan un chamamento á colaboración cidadá animando a achegar, polo menos, un quilo de alimentos non perecedoiros
Amoeiro fixo entrega dos premios do II Concurso Fotográfico do Nadal
Nesta edición, as gañadoras foron Cintia Piña, María Jesús González e Julia Fernández









