OurenseXa
Ourense, Pontevedra e o Sur de Lugo afrontan unha fin de semana en alerta amarela por altas temperaturas
As temperaturas máis elevadas espérase a partir das 13:00 horas do venres en Ourense e Pontevedra, onde os termómetros poden achegarse aos 36 graos
GaliciaXa
Medio Rural fixa entre xullo e setembro o período de máximo risco de incendios forestais
Durante estes tres meses activaranse ao máximo os recursos de vixilancia, prevención e extinción, adaptando o despregamento dos medios dispoñibles aos niveis de risco que se rexistren en cada momento
O Concello de Ourense admite impagos a provedores e apunta ao departamento de Intervención
O alcalde afirma que o Concello ten fondos suficientes para realizar os pagos e apunta á falta de fiscalización das facturas
Carmen V. Valiña regresa ao Ateneo de Ourense para presentar a súa obra “Illa de sangue”
A novela, ambientada na Illa de San Simón e que percorre desde a posguerra ata a actualidade, resultou gañadora do Premio Narrativa Breve Repsol 2025
O bus urbano da cidade modificará os seus percorridos polo paso do Rallye de Ourense 2026
Comezarán o venres pola tarde e inclúen desvíos, paradas provisionais e restricións previas o xoves
Dous concelleiros do PP de Barbadás abandonan o partido e pasan a non adscritos
José Luis Dorribo e Manuel Ángel Fernández formalizaron a súa saída do grupo municipal popular por “diferenzas insalvables” coa dirección
A Deputación reclama en Bruxelas a xestión directa dos futuros fondos de cohesión por parte das institucións provinciais
A posición foi defendida no Comité das Rexións durante o Cumio Europeo de Autoridades Locais Intermedias, no que se aprobou a Declaración de Belliard
A Deputación promove unha xornada para achegar aos concellos as oportunidades da transición enerxética
Representantes municipais coñecen experiencias sobre comunidades enerxéticas e mobilidade eléctrica para impulsar un modelo máis sostible
Comezan as obras da nova senda peonil de Reza cun investimento de 1,5 millóns de euros
A actuación permitirá crear un itinerario continuo de 2,3 quilómetros ao longo da OU-402 e completar máis de 16 quilómetros de sendas autonómicas na comarca de Ourense
O PSdeG de Ourense organiza un encontro para abordar a problemática dos incendios na provincia
Será este venres 12 de xuño e contará coa intervención de Paco Castañares, presidente da Asociación Extremeña de Empresas Forestais e do Medio Ambiente
Organizan en Ourense un debate sobre o futuro político da cidade
Será o luns, baixo o título “É posible recuperar Ourense pola esquerda? Propostas para un cambio na cidade”, e contará coa participación da portavoz de Movemento Sumar Galicia
Os senadores do PP de Ourense alertan dun aumento da ocupación ilegal de inmobles na provincia
Reclaman datos oficiais, máis medios para as Forzas e Corpos de Seguridade e un plan específico de actuación para a provincia
A Xunta premia os 20 mellores proxectos científicos sobre o eclipse do alumnado galego
Os proxectos premiados abranguen traballos de divulgación científica, investigación, observación astronómica e didáctica das ciencias elaborados nos centros educativos
A Merca inicia o expediente para nomear a Manuel Outumuro Fillo Predilecto do municipio
O recoñecemento busca distinguir a traxectoria profesional e a vinculación do fotógrafo coa localidade
A Casa Niño “Os Poliños” de Amoeiro oferta tres prazas
O prazo de incrición xa esta aberto e a incorporación poderá facerse no mes de xullo
GaliciaXa
A Xunta e o Goberno trasladan aos alcaldes da Ribeira Sacra o seu compromiso coa candidatura a Patrimonio Mundial
As institucións escúdanse nos argumentos favorables do informe de Icomos e confían na resolución do Comité de Patrimonio Mundial da Unesco, que se coñecerá a finais de xuño
As piscinas de Oira abrirán ao público este venres
Xunto a Oira, tamén abrirá a piscina exterior do Pavillón dos Remedios
Nace o Circuíto Basket 3x3 da Deputación de Ourense, que percorrerá seis concellos da provincia
O circuíto percorrerá Muíños, Ribadavia, O Carballiño, Xinzo de Limia, Allariz, e O Barco de Valdeorras entre o 16 de agosto e o 5 de setembro
Convocado o III Certame de Decoración polo Orgullo LGTBIQ+ de Allariz
A proposta pretende implicar ao conxunto da cidadanía na transformación das rúas a través da decoración de escaparates, interiores de locais e balcóns ou ventás
Abre o prazo de inscrición para o Campamento de Verán 2026 de Nogueira de Ramuín
As solicitudes poderán presentarse ata o 19 de xuño
Esgos ultima os preparativos para unha nova edición da Carreira San Pedro de Rocas
Actualmente hai xa máis de 200 persoas inscritas nas diferentes modalidades
O Concello da Bola abre as inscricións para o programa Concilia Verán 2026
A iniciativa desenvolverase do 1 de xullo ao 4 de setembro e o prazo permanecerá aberto até o 26 de xuño
Ourense incorpora os seus primeiros cinturóns negros 2º DAN en Combate Corpo a Corpo
Trátase de José Manuel Fernández e Francisco Molina, vinculados aos clubs Ximnasio Estudio A Valenzá e Tai-Jitsu Ourense




