Novas de Celanova
As Xornadas de Folclore levarán a música e a danza tradicional de seis países a 16 concellos da provincia de Ourense
A XLI edición reunirán 178 artistas procedentes de Armenia, Ecuador, Kenia, México, Serbia e Taiwán entre o 10 e o 20 de agosto
Cheo absoluto no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova coa representación de “O soño dunha noite de verán”
A compañía Teatro Solpor puxo en escena a obra de William Shakespeare nunha función dirixida por Camila Álvarez Rivero.
Celanova clausura con éxito a XXII edición do Curso de Comunicación Audiovisual
A iniciativa reuniu durante unha semana a profesionais e alumnado arredor da diversidade creativa do audiovisual galego
O Festival de Danza e Movemento Abanea chega este domingo á Praza Maior de Celanova
A programación inclúe unha proposta escénica a cargo de Rolando Salamé, Martín Blanco e Elvi Balboa
O documental 'A luz das ánimas' proxectarase este venres na Casa dos Poetas
A sesión, prevista para as 20.30 horas, achegará ao público unha reflexión sobre a memoria colectiva e as tradicións galegas
A Casa dos Poetas inaugura a exposición “Válvula de escape. Friso Locus Amoenus”, de Baldomero Moreiras
Poderá verse ata o 30 de setembro
Celanova acolle un obradoiro de caligrafía e caligramas dentro do programa “Os Luns na Biblio”
A actividade, dirixida a nenos e nenas de 6 a 12 anos, celebrarase o 6 de xullo na Biblioteca Municipal
A Casa dos Poetas acolle a presentación do libro ‘Umbilical’ de Baldo Ramos e Xerardo Quintiá
O acto celebrarase o venres 3 de xullo ás 20.00 horas con participación dos autores, intervencións poéticas e acompañamento musical
A obra de Baldomero Moreiras protagonizará o verán na Casa dos Poetas de Celanova
A exposición ‘Válvula de escape. Friso locus amoenus’ inaugúrase o 2 de xullo ás 20.00 horas e poderá visitarse ata o 30 de setembro
Celanova acollerá este verán sesións gratuítas de taichi no Claustro Barroco
As clases, dirixidas a maiores de 16 anos, desenvolveranse en xullo e setembro dentro do programa provincial de fomento deportivo
Chegan a Celanova as xornadas 'Memoria e Muller', centradas na represión franquista e na memoria das mulleres
Ao longo deste sábado e domingo participarán investigadoras e investigadores de referencia no estudo da Segunda República, a guerra civil e o franquismo, con especial atención ao papel das mulleres e á represión exercida sobre elas
Celanova recupera a memoria das mulleres represaliadas cunha exposición sobre cárcere e depuración no franquismo
A mostra “Presas e Mestras”, impulsada polo Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova, poderá visitarse ata o 17 de xullo no Auditorio Municipal Ilduara
Celanova xa ten cartel e data para celebrar unha nova edición do Orgullo
A vila converteuse o pasado ano no primeiro pobo orgulloso de Galicia coa celebración do evento “Celanova es Orgullo”, que agora volve o 4 de xullo
Celanova rendeu homenaxe a Xosé Luís Méndez Ferrín cun acto na Casa dos Poetas
A xornada reuniu representantes do ámbito cultural e institucional nun recoñecemento á figura do autor co gallo do 50º aniversario da publicación da súa obra 'Con pólvora e magnolias'
Celanova destaca o éxito dos cursos de cosmética natural e alimentación saudable
As actividades formativas desenvolvéronse esta primavera e continúan agora cun novo curso presencial dentro dun programa de orientación laboral para persoas migrantes
Aberta a matrícula na Escola Oficial de Idiomas de Ourense – sección de Celanova
O proceso de inscrición realizarase de forma presencial no IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova os días 16, 22 e 26 de xuño
Javier Gándara Feijóo presenta en Celanova 'A música dos desprazados'
A obra explora a relación entre migración, espectáculo e identidade colectiva e recupera unha peza teatral inédita en galego do século XVIII
Vilanova dos Infantes celebrará a Noite de San Xoán o 23 de xuño con música, gastronomía e unha fogueira
A cita terá lugar na Finca Rectoral e incluirá cea popular, actuacións musicais e ambiente festivo organizado pola Asociación Xuvenil Adolfo Enríquez
Medio Rural amplía as zonas afectadas pola flavescencia dourada da vide
A medida afecta a 26 parroquias de oito concellos da provincia de Ourense: Beade, Carballeda de Avia, Cartelle, Castrelo de Miño, Celanova, Cenlle, Ramirás e Ribadavia
Comezan as obras de mellora da estrada OU-540 entre Celanova e Bande
Os traballos contan cun investimento de 6 millóns de euros e un prazo de execución de 18 meses
As xornadas Memoria e Muller regresan a Celanova para recuperar a memoria das represaliadas polo franquismo
O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova organiza os días 27 e 28 de xuño a terceira edición deste evento, que reunirá a destacadas voces da investigación sobre a República e o franquismo
A quinta edición do ciclo “Rock entre Pedra e Poesía” terá a como protagonista a Xoel López
Será o 23 de agosto no Claustro Barroco de Celanova
Celanova acollerá un obradoiro de cosmética natural esta semana
A actividade permitirá ás persoas participantes aprender a elaborar os seus propios cosméticos a partir de ingredientes naturais
Chega a Xuntanza de Bandas 2026 a Celanova
Será este sábado e domingo no Auditorio Municipal Ilduara




