Novas de Barbadás
O PSOE de Barbadás pedirá no pleno mellorar as condicións laborais nas escolas infantís de 0 a 3 anos
Os socialistas piden un convenio con subas salariais, menos nenos por aula, a parella educativa nas clases e máis medios para a atención temperá
Barbadás e Piñor xuntan música tradicional, natureza e magosto no V Festival da Música Tradicional e Popular
A Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia organiza para a vindeira fin de semana un festival de folclore galego, unha ruta de sendeirismo pola contorna natural e a celebración tradicional do magosto
BNG e PSdeG cuestionan o regreso de Democracia Ourensana ao goberno de Barbadás e acusan a Valcárcel de someterse "aos intereses de Jácome"
Mónica Valencia e Victoria Morenza critican o novo apoio de DO ao alcalde Xosé Carlos Valcárcel e consideran que o acordo responde a intereses políticos e de continuidade no poder
Javier Rodríguez Rajo será o candidato do PP á alcaldía de Barbadás nas municipais de 2027
O novo presidente da xestora local e anterior vicerreitor do Campus de Ourense sitúa entre as súas prioridades mellorar as infraestruturas, atender as necesidades de maiores e mozos e reactivar o comercio
Luis Menor anuncia unha candidatura forte tras coñecerse o pacto entre DO e o alcalde de Barbadás
O acordo alcanzado entre Democracia Ourensana e o rexedor de Barbadás reconfigura os apoios tanto no Concello como na Deputación, mentres o PP provincial critica a operación e adianta que presentará unha alternativa ao municipio
O PSdeG-PSOE de Barbadás propón no pleno abrir e dinamizar o Museo Etnográfico de Loiro
O grupo socialista defende que este espazo, que reúne pezas e fotografías sobre a vida tradicional do século XX, pode converterse nun recurso cultural e turístico de referencia para todo o municipio
O BNG de Barbadás denuncia unha nova crise de goberno e reclama estabilidade para o Concello
A formación nacionalista advirte de que os meses previos ás municipais de 2027 poden deixar paralizado ao Concello e reclama que sexa a cidadanía quen decida o futuro político do municipio
COGAMI forma a nove persoas da provincia de Ourense en transporte escolar e adaptado
A entidade prepara ademais dous novos cursos sobre manexo de carretillas elevadoras e primeiros auxilios, con prazas aínda dispoñibles
Un transporte pesado afectará ao tráfico na avenida de Celanova o mércores
O traslado da cuberta destinada á ampliación do polideportivo municipal provocará afeccións puntuais a primeira hora da mañá
Democracia Ourensana abandona o goberno local de Barbadás a oito meses das eleccións
A formación xustifica a súa decisión na falta de coherencia entre o apoio que presta no Concello e a relación política que se mantén na Deputación de Ourense
A Peroxa e Barbadás protagonizan as primeiras rutas do programa ‘Mergúllate na Comarca de Ourense’ promovido por Adercou
As actividades combinaron sendeirismo, patrimonio, visitas culturais e degustación de produtos locais a través de dous percorridos pola comarca
Un programa gratuíto propón descubrir a comarca de Ourense combinando sendeirismo, gastronomía e patrimonio cultural
A iniciativa contempla seis xornadas gratuítas en distintos concellos que combinarán rutas guiadas, degustacións de produtos locais e visitas culturais para poñer en valor o territorio
O Programa Luz Pozo Garza en Barbadás pon o foco na discriminación que sofren as mulleres e nenas con discapacidade
O Centro Ocupacional e Residencial As Burgas acolleu un encontro formativo no que participaron usuarias, usuarios e traballadoras do centro
O pleno de Barbadás aproba por unanimidade instar ao goberno local a impulsar o transporte metropolitano
A moción, presentada pola formación nacionalista, reclama acelerar a posta en marcha dun servizo moi demandado pola veciñanza e que leva anos sen concretarse
Barbadás presenta o Plan de Obras 2026 cun investimento de 3,3 millóns de euros
As actuacións previstas buscan mellorar infraestruturas deportivas, viais, zonas verdes e parques infantís en practicamente todo o concello
Barbadás abre a convocatoria de axudas para libros e material escolar de Educación Infantil
O prazo para solicitar as subvencións, de ata 100 euros por alumno, permanecerá aberto durante un mes tras a súa publicación no boletín provincial
Barbadás mantén un programa municipal de apoio a mulleres en situación de vulnerabilidade
Unha axuda cofinanciada con fondos europeos permite ao concello continuar con iniciativas centradas na igualdade e na atención a mulleres afectadas pola violencia machista
Eventos
Barbadás retoma a súa cita comercial mensual coa Feira do 2 na Valenzá
O Paseo dos Amieiros acolle este mércores a primeira edición do mercado tras o verán, cunha variada oferta de postos e a tradicional pulpeira
Mercedes Peón chega este xoves a Barbadás co seu espectáculo 'Deixaas'
O concerto, integrado no Verán Cultural do Concello, terá lugar ás 21.00 horas no Parque dos Patos da Valenzá
Aberto ata o 4 de setembro o prazo para solicitar o Bono Transporte de Bacharelato en Barbadás
O servizo está dirixido, en primeiro lugar, ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Bacharelato no IES Ferro Couselo durante o curso 2026/2027 e, no caso de que queden prazas, poderán incorporarse tamén estudantes do IES Universidade Laboral
Ourense presenta PeDRa'26, o festival de saberes que levará música, obradoiros e tradición a catro sedes da provincia
A sexta edición do festival de saberes presentouse este martes en Ourense e celebrarase en cinco xornadas repartidas por catro sedes da provincia, cunha previsión de máis de 1.200 asistentes
Barbadás recibe este xoves un concerto de Dr. Slump no Parque dos Patos
O grupo actuará este xoves 20 de agosto ás 21.00 horas no Parque dos Patos, nunha velada de música ao aire libre aberta a todos os veciños
O polideportivo de Barbadás será ampliado cun investimento de máis de 1,2 millóns de euros
As obras, que suman máis de 1,2 millóns de euros, permitirán construír unha nova planta con ximnasio, sala polivalente e vestiarios, ademais de mellorar a accesibilidade e a eficiencia enerxética do edificio
Teatro al Cubo chega esta tarde a Barbadás co seu espectáculo “De Vilatriste a Vilalagre”
A representación, dirixida ao público infantil e familiar, terá lugar ás 21.00 horas no Parque dos Patos de A Valenzá










